Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O servizo de valoración da condición física terá continuidade en 2022

/ O servizo de valoración da condición física terá continuidade en 2022

O Servizo Municipal de Deportes continuará ofrecendo en 2022 o servizo de «Valoración da condición física«.

Este proxecto trata de mellorar a saúde da poboación arteixán en base a unha valoración da condición física e de doenzas músculo – esqueléticas, onde unha vez detectados os puntos clave de cada usuario e usuaria, estableceranse unhas pautas a seguir cun EDUCADOR FÍSICO DEPORTIVO especialista en readaptación de lesións e alto rendemento, que de forma individualizada e ao longo de 4 sesións perseguirá amosarlle as vantaxes da práctica do exercicio de forma regular,así como buscarlle acomodo dentro da programación deportiva municipal ou a recomendación de outras actividades que melloran a súa saúde.

Na valoración da condición física buscarase coñecer os patróns de movemento ou de hábitos de vida que sexan prexudiciais para o usuarios e usuarias, axeitando así un programa de prescrición de exercicio con carácter individualizado, que incida nas facetas máis relevantes a traballar. Unha vez se executen as 4 sesión de adestramento volverase a realizar unha valoración para coñecer o grao de mellora e animar ao usuario ou usuaria a seguir adestrando nunha das actividades das EDM ou propoñerlle unha actividade acorde as súas necesidades.

Dito servizo poñerase a disposición de persoas maiores de 6 anos e tamén a disposición dos deportistas pertencentes ás entidades deportivas de Arteixo, tratando de axudar deste xeito a prevención de lesións e mellorar o rendemento nas competicións.

O servizo estará dispoñible de luns a xoves de 10.00 a 13.00 h e os venres de 18 a 20h

Trátase de unha actividade gratuíta para a que é imprescindible concertar cita previa a través dos seguintes medios

Ir al contenido