O Servizo Municipal de Deportes presenta o Programa Deportivo de Verán 2025.
Ofértanse máis de 4.000 prazas de diferentes actividades que contan coa colaboración de diversas entidades deportivas do Concello, co fin de achegar a práctica deportiva aos cidadáns de Arteixo.
Os cursos municipais de surf teñen o seu propio procedemento de inscrición que pódese consultar aquí A solicitude de preinscrición está dispoñible neste enlace
O obxectivo do programa é promover uns hábitos de vida saudables na ocupación do lecer en períodos vacacionais, a Concellería de deportes a través deste programa, continúa co seu obxectivo de fomentar o asociacionismo, apoiando ao tecido asociativo local coas distintas actividades nas que colabora.
Por ese motivo propóñense unha serie de actividades que se ofertarán ao longo de todo o verán en diferentes instalacións deportivas municipais.