Información municipal actualizada sobre as medidas respecto á COVID-19 aplicadas á cidade e á Administración

 

Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

O programa de sendeirismo da Concellería de Deportes ofrece nesta edición «O Camiño de Inverno»

Inicio > O programa de sendeirismo da Concellería de Deportes ofrece nesta edición "O Camiño de Inverno"

O Servizo Municipal de Deportes presenta o PROGRAMA MUNICIPAL DE SENDEIRISMO 2022. Nesta edición ofértase o Camiño de Inverno que consta de 5 etapas diferentes. Dispóñense de 50 prazas para cada unha das etapas:

PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN

  • Prazo de preinscrición: ata o 6 de marzo
    • O impreso de preinscrición poderase recoller nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org.
    • No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.
  • Exposición de persoas preinscritas: 9 de marzo na páxina web municipal.
  • Sorteo público: 14 de marzo ás 11:00 h no Pazo dos Deportes de Arteixo
  • Exposición da listaxe de persoas admitidas: Do 15 ao 18 de marzo na páxina web municipal.
  • Prazo de matrícula: As persoas admitidas terán o prazo do 21 de marzo ata o 1 de abril (ambos inclusive) para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes. No caso contrario, procederase á anulación da praza. Deberán achegarse a folla de inscrición e recibo de pagamento.
  • De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións libres a partir do 11 de abril e co límite do  mércores anterior á etapa correspondente.
  • Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).

Prezo Público:

  • Maiores de idade: 15 € por etapa
  • Menores de idade: 10 € por etapa
  • O prezo inclúe transporte, picnic e seguros

NORMAS DE FUNCIONAMENTO

  • Con carácter xeral é imprescindible ser maior de idade ou no seu defecto, maior de 10 anos con autorización do pai, nai ou titoría legal e acompañados.
  • Na programación deportiva municipal teñen preferencia as persoas que están empadroadas no Concello de Arteixo, existindo un número limitado de prazas para cada actividade, así como un número mínimo de prazas a cubrir para que a actividade se leve a cabo.
  • O Servizo Municipal de Deportes resérvase o dereito de efectuar as modificacións nas ubicacións, horarios, profesorado, etc., que considere necesarias.
  • No caso de que o Servizo Municipal de Deportes detecte falsidade nos datos o alumno causará baixa inmediata, sen dereito á devolución do importe abonado.
  • As persoas que asinan a folla de inscrición fan constar que non padecen ningunha enfermidade que o incapacite para a práctica deportiva, tendo feito o oportuno recoñecemento médico.
  • De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/99, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os seus datos serán tratados de xeito confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros do Concello de Arteixo, para a xestión de servizos. En calquera momento poderá exercitar, en relación cos seus datos persoais, os dereitos de acceso, cancelación e rectificación e oposición comunicándoo por escrito no Rexistro Xeral do Concello.

Programa

Tríptico

SOLICITUDE INSCRICIÓN

Ir al contenido