Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O presuposto municipal superará en 2022 os 60 millóns de euros

PUBLICACIÓN

O presuposto municipal superará en 2022 os 60 millóns de euros

17 Nov, 2021 | NOTICIAS

000  pleno municipal de novembro debaterá o novo presuposto do concello para 2022 que ascenderá a 60,3 millóns de euros o que supón un incremento de 9,6 millóns con respecto ao exercicio actual. Tamén medra o capítulo de inversións que pasa dos 18,8 millóns aos 24 millóns en 2022.

Este incremente ven motivado, entre outras, polas obras do edificio do Balneario, para as que presupóstanse 750.000€ na primeira fase; a construcción de novos centros sociais en Vilarrodís, Sol y Mar, Monteagudo e Morás, cunha partida de 1,4 millóns de euros; ou a ampliación de novos viais na zona de A Catuxa, Pastoriza, Arteixo ou Vilarrodís aos que adicaránse 1 millón de euros.

O documento recolle ademáis proxectos plurianuiais como os 1,6 millóns de € destinados a pagar parte do complexo de piscinas que se constrúe en Meicende; 875.000€ para unha nova zona de deportes urbanos como o «skate» en Arteixo e melloras nos centros deportivos de Meicende e Galán.

O orzamento reserva tamén unha partida de 950.000€ para renovación do paseo marítimo que contará, deste xeito, con novo mobiliario e iluminación.

mobilidade en sendas peonís será un apartado destacado das inversións con 575.000€ para novos itinerarios e 396.000€ máis para a regularización peonil do sistema viario no corazón de Pastoriza entre as rúas Félix Rodríguez de la Fuente, Jacques Cousteau e Rexidoiro.

A modernización de parques conleva unha partida de 575.000 € e a mellora dos centros educativos acométese cunha partida de 200.000€. Tamén haberá unha partida de 200.000€ para iniciar un proceso de cubrición de diversos espacios de ocio en diversas parroquias.

No capítulo de terreos aparece unha partida de 500.000€ para a adquisición e expropiación para infraestructuras municipais como, por exemplo, a consecución de terreos que albergan o castro de Pastoriza co obxectivo de revalorizar este patrimonio unha vez sexa de propiedade municipal.

O anexo de investimentos completo pódese consultar neste enlace 

 

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido