Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O presuposto municipal para 2023 roza os 70 millóns de euros

PUBLICACIÓN

O presuposto municipal para 2023 roza os 70 millóns de euros

17 Nov, 2022 | NOTICIAS

O concello de Arteixo presentará no pleno municipal da próxima semana un orzamento para o 2023 de 69,5 millóns de euros.

Esta cifra supón un aumento de preto de 9,2 millóns de euros respecto ao 2022, cando o orzamento foi de 60,3 millóns de euros.

Respecto ao capítulo de investimentos en novas infraestruturas e servizos, o concello de Arteixo alcanza os 26,7 millóns de euros Esta subida está motivada, entre outros investimentos, polas obras que se acometerán na segunda fase de actuacións no complexo de edificios do Balneario de Arteixo.

Actualmente estanse acometendo as obras da planta baixa e o xardín do edificio principal, e o ano que vén iniciaranse as obras da primeira e segunda planta do edificio principal, o edificio destinado a termas públicas e a capela do Balneario. Todo este complexo compatibilizará os usos sociais e culturais cos propios dunhas termas públicas. Nesta segunda fase das obras, o investimento estimado supera os 1,6 millóns. A esta cifra hai que sumarlles os 768.000 euros de investimento xa executados no seu maior parte na planta baixa e no xardín (as obras finalizarán o mes que vén) e os 569.000 que xa se están licitando (adxudicarase no prazo dun mes) correspondentes á conversión da capela do Balneario nun espazo para eventos culturais.

Dentro do capítulo de investimento tamén aparecen a urbanización de varias zonas do concello nunha partida total de 2,57 millóns, dentro da cal se investirán 772.000 euros na apertura de novas rúas e construción dunha zona verde na zona de Candame (núcleo de Arteixo), a urbanización con novas beirarrúas e zonas verdes na travesía de Pastoriza á altura de estadio de fútbol (implicará a expropiación de varias casas en ruínas da zona) con 638.000 euros de orzamento ou a urbanización das rúas Pombales e Canabal na zona do Alto de Arteixo, con 260.000 e 150.000 euros de orzamento respectivamente.

A construción dun novo centro social en Monteagudo, para o que xa existe proxecto e terreo adquirido polo concello, executarase no 2023 cun orzamento de 600.000 euros.

Tamén aparecen partidas para as construción de novas sendas peonís en diferentes parroquias do municipio por un total de 900.000 euros, a compra de autobuses eléctricos para reforzar o servizo de transportes municipal con 300.000 euros ou o investimento na modernización da iluminación pública e dos edificios municipais por preto de dous millóns de euros, neste caso solicitados aos fondos europeos Next Generation.

Outras partidas importantes dos orzamentos potenciarán a creación e modernización de parques, aos que se destinan 1,1 millóns (635.000 achegados polos fondos europeos Feder e 500.000 euros con fondos propios) ou a mellora da infraestrutura dos centros educativos (200.000 euros). O orzamento aparece desagregado na parte dos orzamentos xerais, que son ao redor de 65,8 e outros 3,8 millóns para a empresa pública Sumarte, que xestiona o abastecemento e o saneamento de auga, e a limpeza pública.

orzamento 2023

Anexo de investimentos

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido