Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O pleno debate o expediente de expropiación para urbanizar as rúas Millareira e Campanilla

PUBLICACIÓN

O pleno debate o expediente de expropiación para urbanizar as rúas Millareira e Campanilla

24 Abr, 2023 | NOTICIAS

O concello de Arteixo levará ao pleno do próximo xoves o expediente de expropiación necesario para adquirir os terreos necesarios para urbanizar as rúas Millareira e Campanilla situadas na contorna do Instituto de Educación Secundaria de Pastoriza.

Este expediente servirá para iniciar a aprobación de execución e urbanización das mencionadas rúas e a aprobación do proxecto de expropiación forzosa para a execución do proxecto de mellora.

A superficie afectada pola expropiación é de 700 metros cadrados e os propietarios poden examinar o contido do proxecto na sede electrónica do Concello arteixán ou presencialmente nas dependencias municipais.

As obras que se realizarán neste ámbito centraranse na construción de beirarrúas, á vez que se habilitará unha nova saída á travesía de Pastoriza, de maneira que os autobuses escolares que transitan por esta zona poidan entrar e saír á zona por rúas diferentes.

O investimento previsto neste proxecto é de 200.000 euros e forma parte dunha iniciativa máis ampla que contempla obras de urbanización das rúas Agraverde e Lagarto e dunha nova zona verde na contorna do instituto de Pastoriza.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido