Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O pleno debate a semana próxima o acordo con RIOFISA que converterá en públicas as instalacións deportivas de Montegolf

PUBLICACIÓN

O pleno debate a semana próxima o acordo con RIOFISA que converterá en públicas as instalacións deportivas de Montegolf

21 Jul, 2022 | NOTICIAS

O pleno do concello abordará a semana próxima a aprobación dun acordo coa empresa RIOFISA para que a zona deportiva privada da urbanización Montegolf pase a ser pública mediante unha cesión e resolver a devolución dos 644.000€ que a empresa depositou en 2022 a través dun acordo que lle permitía aumentar o aproveitamento urbanístico nun 10% na denominada 2ª fase de Montegolf.

A empresa non chegara a realizar ese aproveitamento debido á crise inmobiliaria sofrida polo país e que provocou que esta segunda fase non chegase a se realizar tal e como estaba prevista.

Riofisa demandara en 2019 en contencioso xudicial a devolución destes 644.000 euros aos que engadía 384.000 euros en concepto de intereses e 170.000 en concepto dos desbroces que tivera que realizar durante estes anos. O Concello negouse dende un principio a estas pretensións e comezou un proceso de negociación extraxudicial coa compañía e que agora chega a término.

O acordo, que debe aprobar o pleno, non contempla o pago de intereses ou os desbroces por parte da empresa pero sí recolle unha quita de 340.000 euros a favor do concello dos 644.000 que no seu día abonou a empresa na administración.

Unha vez aprobado o acordo o concello reparará e actualizará a zona deportiva que se convertirá nunha zona de ocio pública. O recinto deportivo ten varias canchas deportivas e unha pisicina descuberta.

 

Ir al contenido