Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O pleno de setembro debate as compensacións económias á empresa concesionaria da piscina polo peche da pandemia

PUBLICACIÓN

O pleno de setembro debate as compensacións económias á empresa concesionaria da piscina polo peche da pandemia

27 Sep, 2021 | NOTICIAS

O pleno municipal debate esta semana a proposta de reequilibrio económico ao que ten dereito a empresa concesionaria da piscina municipal por ter que pechar as súas instalacións durante a pandemia, o que supuxo un perxuízo económico.

A empresa realizou unha petición inicial de 210.000 euros de compensación. Os técnicos municipais conclúen, tras o estudio pertinente, que a empresa ten dereiro a recibir 92.000 euros do concello e a bonificación de catro anos do canon, que aportará a concesionaria,  que paga anualmente o concello e que ascende a 12.000 euros por ano o que suporía unha compensación global de 140.000 €

O informe técnico sinala que a empresa está amparada pola cláusula 17 que di que «de acordo co disposto no ordenamento xurídico, o concello poderá modificar por razóns de interés público as características do servizo contratado e as tarifas que deben ser aboadas polos usuarios. Cando as modificacións afecten ao réxime económico financeiro, a administración deberá compensar ao contratista de forma que se manteña o equilibrio dos supostos económicos que foron considerados como básicos na adxudicación do contrato. A administración deberá restablecer o equilibrio económico do contrato, en beneficio da parte que corresponda, nos seguintes supostos: a) cando a administración modifique, por razóns de interés público, as características do servizo contratado b) cando as actuacións da administración determinaran de forma directa a ruptura sustancial da economía do contrato e c) cando causas de forza maior determinaran de forma directa a ruptura sustancial da economía do contrato.

O informa sinala que dada a situación de pandemia que obrigou a pechar as instalacións da piscina hai que «proceder á modificación das cláusulas do contrato de contido económico para a aplicación dos seguintes acordos propostos para o restablecemento do equilibrio correspondente ao período comprendido entre o 14 de marzo de 2020 e o 21 de xuño de 2020: a) condonar o canon anual pendente de aboar ao concello de Arteixo polos exercicios que restan ata a finalización do prazo inicial do contrato vixente b) establecer unha compensación ao concesionario, por importe de 92.602,45 €

 

 

.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido