Coa abstención da oposición o goberno calcula que rebaixará a taxa actual para as vivendas en preto de 27 euros
Os votos a favor do PP e a abstención de todos os grupos da oposición foron permiten a aprobación dunha nova ordenanza para a recollida do lixo que debería de entrar en vigor en xaneiro do ano próximo, unha vez se produza a saída de Arteixo do Consorcio de As Mariñas.
O executivo local propón unha rebaixa na taxa para vivendas dos 125,84 euros que cobra actualmente o Consorcio, a 98 euros.
O pleno tamén deu luz verde, por unanimidade, ó inicio da expropiación dunha finca en Oseiro na que se pretende construir un centro social e un parque. Tamén se aprobou comezar o expediente para que Arsenio Iglesias sexa nomeado fillo predilecto do municipio.