O concello de Arteixo levará o pleno do próximo xoves un modificado de crédito presupuestario por un total de 6,5 millóns de euros para acometer diversas inversións:
Obras no pavillón do CEIP de Galán: O concello de Arteixo financiará as reparacións que é preciso realizar no Pavillón do CEIP de Galán, por importe
de 350.000€. Estas reparacións servirán para evitar filtracións de auga na cuberta, para mellorar a envolvente térmica das fachadas e para mellorar o
graderío da infraestructura.
Melloras e acondicionamento de diversas instalacións deportivas. É preciso acometer obras nos edificios do complexo de piscinas municipales de
Arteixo para os efectos da actualización das súas instalacións, así como no Pazo dos Deportes de Aretixo, no Campo de Fútbol de Ponte dos Brozos e no Pavillón de Meicende, que precisan reparacións.
Instalacións deportivas en Montegolf: Prevese a formalización dun convenio entre os Concellos da Coruña, de Culleredo e de Arteixo para o financiamento da rehabilitación e reforma das instalacións deportivas de Montegolf ao abeiro das subvencións do Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia. Por este motivo se considera preciso suplementar unha aplicación orzamentaria co importe de 160.000,00€ que correspondería á aportación municipal ao proxecto.
Obras no centro de saúde de Meicende: Actuacións sobre a envolvente exterior do edificio, que é de propiedade municipal, reparando as gretas e as
fisuras existentes e mellorando a súa eficiencia térmica, e eliminando as humidades presentes nas salas de consultas. Esta obra realizarase en
colaboración o 50% coa Xunta de Galicia coa que se firmará o correspondente convenio, estimándose a aportación municipal en 100.000€.
Obras na escola infantil de Pastoriza. Serán melloras no illamento da fachada por tema de humidades e substitución do sistema de climatización.
Dotarase por un importe de 150.000€.
Obras na travesía de Meirás en Meicende: Urbanización dunha parte da Travesía de Meirás na que existe un tapón debido a casas antigas que estaban
fora de aliñación e que xa son propiedade do concello. Con esta actuación, consistente no derribo das ditas edificacións e a urbanización do vial, lograrase anchear esta parte da travesía co fin de incrementar a seguridade peonil e favorecer o tránsito de vehículos. O importe estimado é de 247.000€.
Reparación de dous taludes. Son obras que se deben realizar de xeito urxente considerando a situación en que se encontran os taludes situados en
Montegolf e Sol y Mar, estimando uns orzamentos para cada unha das actuacións por importes de 180.000€ e 140.000€.
Centro de Formación Ocupacional e Arteixo Innovación. Obras de reparación e mantemento nas fachadas dos edificios do Centro de Formación
Ocupacional e do Arteixo Innovación (ambos situados no polígono de Sabón), por importes de 40.000€ e 50.000€ respectivamente,
Local social dos veciños en Meicende. Reparacións no local social da asociación de veciños San Xosé Obreiro de Meicende debido á necesidade de
actualización das súas instalacións por un importe aproximado de 53.000€.
Arenero de Suevos. Transferencia de capital á entidade pública Augas de Galicia para execución de obras no interceptor de Suevos: É unha obra
declarada de emerxencia que será executada por Augas de Galicia e financiada pola Consellería de Industria, Xestur, a Autoridade Portuaria e o
propio Concello co obxectivo de solucionar os desbordes de auga que se producen cando hai choivas torrenciais debido á incapacidade dos colectores
que van á EDAR de Bens para canalizar toda a cantidade de auga que sae do interceptor de Suevos.
Outras partidas do modificado de crédito irán destinadas a Sumarte na súa calidade de empresa que ten encomenda da limpeza viaria, outras partidas
estará destinadas a pavimentación de vías públicas, maquinaria para a recollida de residuos, compra de licencias informáticas o unha partida para ter
o crédito necesario para presentar o Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (Idae) un proxecto de renovación da iluminación entre a travesía de Meicende e a rotonda de Sabón con un custe de 1,5 millóns de euros.