Información municipal actualizada sobre as medidas respecto á COVID-19 aplicadas á cidade e á Administración

 

Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

O Pilates e a Ximnasia de Mantenemento chegan ao novo local social de Oseiro

Inicio > O Pilates e a Ximnasia de Mantenemento chegan ao novo local social de Oseiro

O Servizo Municipal de Deportes oferta novos grupos de Escolas Deportivas Municipais no novo Local Social de Oseiro.

Trátase de pilates, os luns e mércores de 19.15 a 20.15 h; e ximnasia de mantemento os martes e xoves no mesmo horario. En ambos casos son actividades para  maiores de idade.

O prazo de matrícula xa está aberto e as prazas dispoñibles asignaranse por orde de inscrición, con preferencia para as persoas empadroadas en Arteixo.

A formalización da matrícula poderá realizarse exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes de xeito presencial en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas) con cita previa; ou a través da dirección de correo electrónico deportes@arteixo.org. O xustificante de pago deberase entregar do mesmo xeito
Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).
Ir al contenido