Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O picudo vermello mata a catro palmeiras que o concello retira para evitar perigos

PUBLICACIÓN

O picudo vermello mata a catro palmeiras que o concello retira para evitar perigos

15 Nov, 2023 | NOTICIAS

O concello de Arteixo está a proceder a cortar catro palmeiras situadas en zonas verdes municipais que morreran debido á praga do picudo vermello.
Hoxe cortouse a palmeira que estaba no xardín situado na parte traseira da casa do concello e en días anteriores cortouse outra palmeira que estaba na praza do Balneario e unha terceira situada nunha zona verde de Monteagudo. Tamén se procederá a cortar unha cuarta palmeira situada nas marxes da estrada AC-552 á altura de Vilarrodís.
Os catro exemplares foran afectados xa hai meses pola praga do picudo vermello, e, a pesar dos tratamentos que se practicaron para eliminar este insecto dos exemplares afectados, as catro árbores morreron e decidiuse por parte dos técnicos o seu corte debido aos perigos que teñen as palmeiras mortas de incubar colonias destes insectos e os problemas de seguridade que podían ocasionar no futuro.
En Arteixo non son moi habituais as palmeiras nas zonas verdes municipais debido a que desde hai anos son unha especie que non se planta nos xardíns públicos debido a que non é autóctona. Por outra banda, as palmeiras de toda Galicia están a ser afectadas desde hai anos pola praga do Picudo vermello, Rhynchophorus ferrugineus, que é actualmente un dos insectos máis daniños para as palmeiras no mundo, provocando polo xeral, a morte da palmeira. É orixinario das rexións tropicais do Sueste Asiático e Polinesia, comezou a súa expansión hai 25 anos atacando a palmeiras datileras dos países do sur de Asia, Península Arábiga e Irán. Foi introducido no norte de África a través de Exipto no ano 1993 continuando a súa expansión cara a países europeos como Italia, Francia, Portugal e España, e sempre ligado á importación de palmeiras. O picudo vermello aliméntase no interior das palmeiras, condición que fai difícil detectar a súa presenza cunha simple inspección visual. O interior da palmeira confírelle protección e unha forte adaptabilidade a diferentes zonas xeográficas con distintas condicións climáticas, as cales inflúen nos períodos de desenvolvemento das fases da súa

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido