Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Paseo Marítimo galardoado co distintivo de "Sendeiro Azul"

PUBLICACIÓN

O Paseo Marítimo galardoado co distintivo de «Sendeiro Azul»

30 Ene, 2023 | NOTICIAS

O paseo marítimo do concello de Arteixo volveu a ser galardoado pola AEAC co distintitvo Sendeiro Azul para o paseo marítimo de 6,4 quilómetros que vertebra a súa costa.

Os criterios para a concesión deste distintivo céntranse en aspectos como o trazado e a tipoloxía dos carreiros, as infraestruturas e a sinalética, os aspectos vinculados á caracterización ambiental dos carreiros e á súa posta en valor a través da realización de actividades de educación ambiental.

Os criterios tamén tratan aspectos relativos ao uso público e disfrute, a accesibilidade, e a información ao usuario sobre o patrimonio natural e cultural e a participación cidadá.

O programa Sendeiros Azuis é unha iniciativa promovida e desenvolvida pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor. O obxectivo do programa é premiar, a través do galardón Sendeiro Azul, a recuperación e posta en valor de sendas e itinerarios de todo o territorio nacional, transformados en valiosos recursos para a interpretación ambiental e o goce da natureza.

OsSendeiros Azuis permiten, por tanto, poñer en valor ao mesmo tempo a conservación de contornas xa humanizadas e a interpretación do patrimonio natural e cultura.

O concello de Arteixo está actualmente acometendo dúas obras de mellora no traxecto do Sendeiro Azul: unha é a unión do paseo marítimo de 6,4 quilómetros e do paseo fluvial de 3,8 quilómetros á altura do Rañal. A obra consiste na construción dunha senda peonil e un carril bici que discorrerán sobre pasarelas de madeira durante un total de oitocentos metros. Tamén está a piques de iniciar, a obra xa está adxudicada, unha renovación das infraestruturas do tramo do paseo marítimo que vai desde a praia de Sabón ata a praia de Valcovo, que dotará a ese tramo, entre outras melloras, de iluminación nocturna. Esta obra supoñerá un investimento de 1,2 millóns de euros.

Ir al contenido