Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O papel da familia nas condutas aditivas centra unha nova xornada do Espazo Educa

/ O papel da familia nas condutas aditivas centra unha nova xornada do Espazo Educa

O vindeiro xoves día 24 de novembro, a Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación do  Concello de Arteixo  e  A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Centro de Formación e Recursos da Coruña, levarán a cabo no Centro Arteixo Inovación (Avda Arsenio Iglesias) ás 18:00h a presentación da seguinte actividade, enmarcada no  ESPAZO EDUCA_ Creando Pontes.

A  actividade conversa con familias leva por título:

PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADICTIVAS

QUE PODEMOS FACER NA FAMILIA?

Está impartida por Mirian Otero Requeijo (Doutora en Psicoloxía. Técnica do Servizo de prevención de condutas adictivas da Consellería de Sanidade. Docente na Universidade Internacional de Valencia e na Universidade de Cantabria).

Con esta inciativa, que xa xurdíu no curso pasado e tivo tres edicións anteriores, dase continuidade ao ESPAZO EDUCA_ Creando Pontes fomentando un espazo que axuda a potenciar as relacións entre os diferentes membros das comunidades educativas de centros de ensino do Concello de Arteixo, na liña de establecer canles de comunicación e diálogo entre eles.

Contarase cun servizo de ludoteca para todas aquelas persoas asistentes que o precisen.

A inscrición para o servizo de ludoteca realizarase enviando o seguinte formulario de inscrición ao correo electrónico educacion@arteixo.org ata o  día 23 de NOVEMBRO ás 14:00 horas.

A inscrición para a conversa realizarase enviando un correo electrónico ao enderezo educacion@arteixo.org indicando nome, apelidos e teléfono da persoa participante antes do día 23 DE NOVEMBRO ás 14:00 horas.

Prazas limitadas por rigurosa orde de inscrición

Ir al contenido