Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O novo autobús autónomo comeza as súas probas en Arteixo

PUBLICACIÓN

O novo autobús autónomo comeza as súas probas en Arteixo

9 May, 2022 | NOTICIAS

Desde a Avenida de Arsenio Iglesias ata a praia de Sabón. O novo autobús autónomo de Arteixo comezou hoxe nese traxecto, de ida e volta, as súas probas supervisado polos técnicos do Centro Tecnológico de Automoción de Galicia. Son tres vehículos equipados coa tecnoloxía especializada para a recollida de datos. O obxectivo é que o autobús realice un primeiro período de probas dun mes de duración, durante o verán.

Arteixo participa, xunto co Centro Tecnolóxico de Automoción, no chamado proxecto DAME integrado dentro do programa da Unión Europea Horizon Europe. O Concello convértese así en escenario europeo da circulación dun transporte colectivo sen condutor, eléctrico, sostible e intelixente. En España só Arteixo e Barcelona formarán parte da demostración do funcionamento destes vehículos.

O alcalde Carlos Calvelo reuniuse nos últimos meses cos responsables do CTAG co obxectivo de que Arteixo incorporase ao seu sistema municipal de transportes diversos avances tecnolóxicos como autobuses eléctricos e marquesiñas intelixentes.

 

 

 

 

 

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido