Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O judo internacional dase cita en Arteixo esta fin de semana

/ O judo internacional dase cita en Arteixo esta fin de semana

Arteixo convértese o próximo 3 de xullo en capital do Judo. O Concello acolle unha nova edición das terceiras xornadas formativas de Judo.

A xornada, dirixida a adestradores de judo, será no Pazo de deportes desde as 16.00h ata as 21.00h e está organizada polo Club Edukajudo.

Ao acto conectaranse vía en liña os presidentes da Confederación panamericana de Judo D. Carlos Zegarra e o de Galicia D. Mario Muzas e participarán en modo presencial os judokas do Club Edukajudo de Arteixo, e en modo en liña profesores colexiados de Galicia e Hispanoamérica.

Haberá diferentes docentes, expertos nas súas materias, que propoñerán novas tendencias e coñecementos que farán aumentar sen dubida a bagaxe dos docentes en Judo.

Ir al contenido