Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > A V edición de Arteixo Innovación reúne a administracións, comunidade educativa e sector empresarial baixo un obxectivo común

/ A V edición de Arteixo Innovación reúne a administracións, comunidade educativa e sector empresarial baixo un obxectivo común

O concello de Arteixo organiza o V encontro de experiencias «Arteixo Innovación: Educatic» que terá lugar os días 4, 5, 6 e 9 de maio nas instalacións do Centro Arteixo Innovación no polígono de Sabón.

O obxectivo  é o progreso educativo estimulando a innovación e a creatividade nos centros, todo iso mediante a promoción de proxectos TIC e a colaboración entre os diferentes actores locais. Para iso preténdese reunir á Administración Pública, aos centros educativos, profesionais, familias e este ano como novidade ao sector empresarial e dar impulso a estas dinámicas tan necesarias para o día de hoxe, pero aínda máis se cabe para o de mañá. A colaboración e o intercambio de experiencia entre as partes interesadas da sociedade civil e o sector socioeconómico permitirá ofrecer novos espazos para o desenvolvemento de proxectos innovadores e implementar novas estratexias educativas.

O proxecto Arteixo Innovación é un proxecto da concellaría de Educación de Arteixo que engloba distintas actuacións relacionadas co uso das TIC (tecnoloxías da información e a comunicación) no eido educativo como garantes de acceso universal á educación, a igualdade na instrución, o ensino e a aprendizaxe de calidade, a formación de docentes e á xestión e dirección máis eficientes nas contornas educativas.

Estas xornadas consisten nun intercambio de experiencias nun entorno TIC, partindo do ámbito educativo para o seu enlace co ámbito do emprendemento e a actividade empresarial e profesional. O ecosistema que sirve de nexo é a innovación aplicada a un “entorno maker” .

Partindo desta filosofía, presentaranse distintos proxectos desenvolvidos nos centros educativos do termo municipal nos niveis de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional para dar a coñecer o seu traballo e compartir aprendizaxes e, asemade, fomentar as vocacións » STEAM», a innovación e a co-creación.

O obxectivo destas xornadas é o progreso educativo estimulando a innovación e a creatividade nos centros, todo iso mediante a promoción de proxectos TIC e a colaboración entre os diferentes actores locais. Para iso preténdese reunir á Administración Pública, aos centros educativos, profesionais, familias e este ano como novidade ao sector empresarial e dar impulso a estas dinámicas tan necesarias para o día de hoxe, pero aínda máis se cabe para o de mañá. A colaboración e o intercambio de experiencia entre as partes interesadas da sociedade civil e o sector socioeconómico permitirá ofrecer novos espazos para o desenvolvemento de proxectos innovadores e implementar novas estratexias educativas.

Co gallo de ofrecer unha visión diversa do que significa a innovación, estes encontros contan con relatores de recoñecido prestixio que compartirán as súas experiencias no ámbito educativo, na Administración Pública e no ámbito empresarial. Neste último caso, a forma na que se aplica a filosofía «maker» e a innovación na mellora continua e o traballo colaborativo, aproveitando para facer unha aproximación ás necesidades do eido profesional e os espazos de contacto ca sociedade, especialmente no tocante ó emprendemento e a dinamización do ecosistema innovador.

Para poder asistir, deberán achegar o impreso correspondente de inscrición(Inscrición adultos ou Inscrición menores conciliación)                                        mediante mail a educacion@arteixo.org

As prazas son limitadas ata completar aforo.

Os días 4, 5 e 6 de maio haberá Servizo de conciliación para os asistentes mediante actividades para nenos e nenas con previa inscrición.

Ir al contenido