Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Estado cede definitivamente ao concello de Arteixo 52.000 m² que ocupa o circuíto de autocros

PUBLICACIÓN

O Estado cede definitivamente ao concello de Arteixo 52.000 m² que ocupa o circuíto de autocros

21 Mar, 2024 | NOTICIAS

O Ministerio de Facenda publicou no Boletín Oficial de Estado a cesión de tres leiras que ocupan un total de 52.000 m² e que actualmente ocupa o circuíto de autocros, onde se celebran habitualmente competicións deportivas como campionatos galegos ou de España.

O concello solicitara a cesión destes terreos xa ocupados polo circuíto e que no seu día foron expropiados polo Estado para a construción da autovía A-6 para seguir co trámite dun plan especial de dotacións e infraestruturas co obxectivo de ampliar as instalacións deportivas e dotalas de servizos como aparcamentos.

O Estado mostrara a súa conformidade co proxecto do concello debido a que os terreos xa tiñan o uso de circuíto e facía anos que perderan a súa utilización orixinal para a construción da A-6. "Dado que para a adecuada conservación e explotación da autovía estatal non é necesaria a totalidade da superficie expropiada entre os puntos quilométricos 592,6 e 593,06, ese Concello podería solicitar, se é do seu interese, a cesión do dominio público viario que exceda do dominio público viario estrito", afirmaba o entón ministerio de Fomento no escrito remitido ao Concello.

Unha vez que os terreos pasaron a ser parte dominio público municipal, as actividades que se realicen no circuíto xa non necesitarían da autorización da Demarcación de Estradas. Actualmente a celebración dos campionato de España require do visto e prace do departamento estatal.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido