Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O enlace de Meicende chega ao Congreso dos Deputados

PUBLICACIÓN

O enlace de Meicende chega ao Congreso dos Deputados

17 Nov, 2021 | NOTICIAS

O goberno municipal de Arteixo recibiu do Grupo Parlamentario Popular no Congreso dos Diputados a enmenda  pola que  reclama en Madrid que o Estado volva a incluir unha partida orzamentaria, como xa fixo outros anos, para construir en Meicende un enlace que elimine o tráfico pesado do núcleo urbano. O citado enlace ten o proxecto aprobado e as expropiacións dos terenos feitas, pero nos presupostos do Estado do 2022 non aparece ningunha partida para que comece a obra.

Coa construción da Autovía do Porto Exterior abriuse unha posibilidade de aproveitar unha nova infraestrutura para aliviar de todo ese tráfico pesado e perigoso ás poboacións de Meicende e Pastoriza a través da construción por parte do Ministerio de Fomento dunha ligazón á citada autovía coa estrada AC-415.

O proxecto de enlace coa autovía do Porto Exterior cumpríría con dúas finalidades:

  • Facer unha circunvalación para os veciños de Meicende e Pastoriza á hora de mellorar as súas comunicacións tanto en dirección A Coruña como en dirección a Arteixo.
  • Creación dun vial perimetral á refinería de Repsol co obxectivo da eliminación de tráfico pesado e de mercadurías perigosas polo núcleo urbano de Meicende
Ir al contenido