A concellería de seguridade cidadá programa para o vindeiro domingo 25 de xuño,varios cortes de tráfico e prohibición de estacionamento en diferentes puntos do centro urbano con motivo da celebración da XX edición do Día do Deporte na rúa.
Os cortes afectarán, dende as 6.00h e ata as 17.00h, as rúas Alcalde Baldomero González; Avenida do Balneario e Paseo do Balneario.