Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello solicitará novos fondos europeos para introducir melloras tecnolóxicas no ámbito da mobilidade

PUBLICACIÓN

O Concello solicitará novos fondos europeos para introducir melloras tecnolóxicas no ámbito da mobilidade

19 Feb, 2025 | NOTICIAS

O concello de Arteixo levará ao próximo pleno o denominado Plan de Acción Integrado (PAI) que servirá para competir na nova convocatoria dos Fondos Feder enmarcados dentro das denominadas Estratexias de Desenvolvemento Local.
O concello solicitará un total de 6,1 millóns de euros para proxectos municipais, aínda que actualmente xa está a traballar noutras liñas de fondos europeos xa concedidas como o Proxecto Londra, os denominados Perte da auga ou os Next Generation.
Dentro dos motivos para solicitar financiamento para este PAI atópase a necesidade de modernizar o concello no ámbito dixital e en aspectos relacionados coa innovación. A instalación dunha infraestrutura tecnolóxica destinada a incorporar sistemas intelixentes aparece como un dos elementos centrais do PAI que levará a pleno, e que terá especial incidencia na mobilidade do concello.
Máis concretamente pedirase financiamento para as seguintes melloras:
-Adquisición dun autobús eléctrico de doce metros e con capacidade para noventa persoas. Operará na denominada liña circular que une os núcleos urbanos. Noutra convocatoria de fondos europeos xa se conseguiu financiamento para comprar dous microbuses eléctricos que circulan nas liñas das parroquias rurais.
-Creación dun intercambiador modal. Construirase un intercambiador no espazo situado na zona escolar do municipio que permita unha mellor conexión entre as liñas de autobuses metropolitanos e municipais,
-Plataforma de xestión de mobilidade. Se implementerá unha plataforma tecnolóxica que proporcionará información en tempo real sobre os diferentes medios e roteiros de transporte.
-Monitorización do tráfico con sensores. Instalación dun sistema intelixente de tráfico con sensores e videovixilancia. Esta será unha das principais liñas de financiamento dentro do PAI, aínda que tamén existirán outras que potenciarán a peonalización en núcleos urbanos ou a igualdade de oportunidades no ámbito educativo e cultural.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido