Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello reunirase coa dirección e a ANPA de Ponte dos Brozos para analizar a queixas dos pais de alumnos que non entraron no comedor escolar

PUBLICACIÓN

O Concello reunirase coa dirección e a ANPA de Ponte dos Brozos para analizar a queixas dos pais de alumnos que non entraron no comedor escolar

21 Jul, 2022 | NOTICIAS

O alcalde Carlos Calvelo e a Concelleira de Educación reuniranse mañán cos pais afectados pola exclusión das listas de comedor do CEIP Ponte dos Brozos. No encontro tamén participarán a dirección do centro e a ANPA que é o organismo que xestiona o servizo de comedor.

O concello intentará que as tres partes implicadas na xestión busquen espazos de entendemento para solucionar as exclusións do comedor que, por razóns de organización, a ANPA comunicou esta semana aos proxenitores afectados.

O Concello, que non ten competencias directas sobre a organización dos comedores escolares, un labor das ANPAS en coordenación coas direccións dos centros, está disposto a prestar o asesoramento e axuda necesarios e que legalmente poda ofrecer.

Arteixo concediu este ano becas a preto de 500 alumnos do concello que, según a súa renda, reciben esta axuda municipal para sufragar os gastos de comedor. Tamén financiou nos últimos anos, a través do presuposto municipal, dúas cociñas industriais, unha en Ponte dos Brozos e outra no CEIP Novo Arteixo.

 

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido