Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Inicio > O Concello repartirá 15000 funís para a recollida separada de aceites usados de cociña

/ O Concello repartirá 15000 funís para a recollida separada de aceites usados de cociña

O concello de Arteixo, seguindo co seu firme compromiso coa  xestión responsable e sostible do lixo municipal , activa o novo proxecto Que non che esvare o aceite!”, que consistirá no reparto de 15000 funís para facilitala recollida separada de aceites usados de cociña  .

Esta iniciativa, cofinanciada pola Xunta de Galicia e o MITECO a través dos Fondos Next Generation da UE, pretende Impulsar a recollida separada e posterior reciclaxe de residuos de aceites vexetais e incrementar a porcentaxe de valorización de residuos municipais. Tamén ten como obxectivo axudar no cumprimento de obxectivos de produción de enerxías renovables  a través da produción de biocombustibles; e pechar o ciclo de materiais, usando eficientemente os recursos existentes e cumprindo coa necesidade de reducir a degradación dos sistemas ecolóxicos por sobreexplotación.

Os protagonistas deste programa serán tanto a propia cidadanía coma os establecementos do canal HORECA  e centros de ensino .

As actividades de sensibilización e distribución comezan esta fin de semana coa colocación dunha caseta informativa no Anfiteatro aproveitando Feirón do Galo, mañá sábado 17, e continuarán coa distribución de 1.000 embudes na comida de maiores o domingo 18. Para a semana seguinte, o luns 19 visitaranse as escolas unitarias rurais e o martes 20 a campaña irá ao CEIP Arteixo. A campaña continuará tras as festas con centros educativos, e cidadanía en xeral.

 

Ir al contenido