Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello recibe os fondos europeos para a reforma do paseo do Balneario e para o sistema público de bicicletas

PUBLICACIÓN

O Concello recibe os fondos europeos para a reforma do paseo do Balneario e para o sistema público de bicicletas

23 Feb, 2022 | NOTICIAS

O Concello de Arteixo recibiu hoxe a aprobación do Ministerio de Transportes para dous dos tres proxectos cos que se presentou aos fondos NextGeneration.

Trátase do sistema de bicicletas público e a reforma do Paseo do Balneario polos que recibirá 702.000 € dos que 409.000 serán para a humanización do Paseo e 292.000 para a instalación do sistema de bicicletas eléctricas.

Arteixo é o único concello galego de menos de 50.000 habitantes que pode optar a estes fondos porque é o único dese tamaño que dispón dun sistema público de autobuses que conectan as diferentes parroquias e conta, ademáis, cun plan de mobilidade urbana sostible.

O novo sistema de bicicletas, que terá o seu centro neurálxico no paseo fluvial ao seu paso por Arteixo, dirírxese nunha primeira fase aos centros educativos, deportivos, culturais e de ocio, así como aos espazos industriais próximos. Trátase de xerar un núcleo de mobilidade activa que potencie o eixe formado polo río Bolaños.

Disporá de 135 bicicletas, 35 delas con apoio eléctrico; e doce estacións para a súa distribución. Serán dúas estacións principais cun sistema de peche automático e un sistema de recarga para as baterías dos vehículos con asistencia eléctrica. Terán ademáis unha marquesina de protección. As estacións secundarias serán 8 haberá ademáis outras dúas estacións locais que só disporán de puntos para anclar as bicicletas e estarán en puntos alonxados do núcleo urbán como as praias.

O Concello prevé ademáis a compra dun vehículo eléctrico para a recollida e reparto da flota. Tamén se instalarán catro módulos de aparcamentos públicos de bicicletas nos centros máis concorridos.

 

 

 

 

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido