O Concello da por finalizada a reforma do Centro Social de A Cachada que contou cun investimento de 115.000€ e supuxo a rehabilitación e mellora deste edificio construido en 1950 e que servira de escola unitaria e, hai uns anos, pasou a ser centro social e veciñal.
O proxecto supuxo a renovación de sanitarios, mobiliario, carpinteiría e forxados. Tamén elimináronse as uralitas do tellado que foron sustituidas por unha chapa de aceiro galvanizado. Tamén instalouse unha unidade de climatización con bomba e calor.
Os traballos duraron seis meses e incluiron tamén a reparación de grietas e desconchados da fachada así como a renovación de toda a instalación eléctrica e de fontaneiría. Mención especial merece o aplacado de pedra das fachadas e a impermeabilización dos paramentos así como a instalación dun falso teito con illamento termoacústico.