O concello de Arteixo aprobará no pleno da próxima semana un cambio na ordenanza fiscal que regula a recollida de residuos.
Este cambio supoñerá unha rebaixa do prezo que marca a taxa municipal para as vivendas, que estaba en 94 euros, e que agora se situará en 92 euros.
O concello trasladará así un ano máis aos veciños a rebaixa do canón que o concello paga a Sogama en concepto de tratamento do lixo.
O concello tamén terá un ano máis unha rebaixa do que paga a Sogama polo tratamento da tonelada de lixo, que supón dentro do custo xeral da recollida de residuos do concello de Arteixo preto dun 4% de aforro para o municipio, xa que Sogama é unha dos partidas dentro desa conta xeral de gastos. Esa porcentaxe trasládase ao recibo do veciño.
A rebaixa que se producirá en Arteixo segue na liña iniciada tras a municipalización do servizo de recollida de residuos, onde o concello comprometeuse a trasladar ao recibo que pagan os veciños calquera aforro no custo do servizo. O mesmo porcentaxe de aforro trasladarase un ano máis ao resto de recibos, é dicir, ao que pagan os locais de hostalería, comercio en xeral e resto de empresas.
Arteixo xa aprobara en 2018 outra rebaixa en en pleno municipal, xa que aí foi cando municipalizó o servizo de recollida de residuos, e a nova ordenanza fixaba en 98,00€ ao ano a tarifa para as vivendas, fronte aos 125,84€ que estaba a cobrar o Consorcio dás Mariñas.