Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello presentará alegacións contra o novo trazado da liña de evacuación do parque eólico de Monteagudo

PUBLICACIÓN

O Concello presentará alegacións contra o novo trazado da liña de evacuación do parque eólico de Monteagudo

19 Jul, 2022 | NOTICIAS, NOTICIAS ALCALDÍA

O novo tendido é perxudicial para o medio ambiente e afecta negativamente aos núcleos poboacionais cercanos. O Concello presentará alegacións ao novo tendido eléctrico que serviría como liña de evacuación do parque eólico de Monteagudo e que a Xunta acaba de sacar a información pública.

Trátase de liñas cunha lonxitude de 13,7 km das que unha parte transcorren de forma soterrada.

O alcalde Carlos Calvelo convocará ás asociación veciñais e aos representantes de todos os partidos con representación no concello para explicar a postura do executivo local e responder ás posibles dúbidas.

O Concello poñerá próximamente á disposición da veciñanza unha alegación tipo para que aqueles que o desexen podan dispoñer dun texto legal adecuado.

Este é o segundo trazado que presenta a empresa da mesma liña de evacuación. O Concello xa presentara varios informes en contra do trazado orixinal. Carlos Calvelo advertira á empresa dos perxuízos medioambientais para o territorio e manifestou a súa oposición ao parque eólico de Monteagudo e aoutras solicitudes similares no concello, concretamente en Carboerio, Santa Leocadia e Pedra Queimada.

 

 

 

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido