O novo tendido é perxudicial para o medio ambiente e afecta negativamente aos núcleos poboacionais cercanos. O Concello presentará alegacións ao novo tendido eléctrico que serviría como liña de evacuación do parque eólico de Monteagudo e que a Xunta acaba de sacar a información pública.
Trátase de liñas cunha lonxitude de 13,7 km das que unha parte transcorren de forma soterrada.
O alcalde Carlos Calvelo convocará ás asociación veciñais e aos representantes de todos os partidos con representación no concello para explicar a postura do executivo local e responder ás posibles dúbidas.
O Concello poñerá próximamente á disposición da veciñanza unha alegación tipo para que aqueles que o desexen podan dispoñer dun texto legal adecuado.
Este é o segundo trazado que presenta a empresa da mesma liña de evacuación. O Concello xa presentara varios informes en contra do trazado orixinal. Carlos Calvelo advertira á empresa dos perxuízos medioambientais para o territorio e manifestou a súa oposición ao parque eólico de Monteagudo e aoutras solicitudes similares no concello, concretamente en Carboerio, Santa Leocadia e Pedra Queimada.