Inicio > O Concello pon en marcha un servizo de información a través de WhatsApp

PUBLICACIÓN

O Concello pon en marcha un servizo de información a través de WhatsApp

27 Oct, 2021 | NOTICIAS, NOTICIAS ALCALDÍA

Os veciños de Arteixo poderán manterse informados da actualidade e servizos municipais a través dunha nova canle de información mediante da aplicación WhatsApp

Para darse de alta será necesario agregar ao Concello de Arteixo como contacto. O usuario deberá gardar na súa lista de contactos o teléfono do Servizo de Información do Concello, o 699776521, ou agregar o concello aos seus contactos a través dun código QR.

Unha vez feito o usuario deberá enviar un whatsApp coa palabra ALTA. Posteriormente recibirá unha mensaxe confirmando a ALTA no servizo. Desde ese momento, ofrécese o consentimento para recibir desde o concello de Arteixo información cos bandos municipais, programación cultural, actividades, incidencias ou datas de eventos deportivos así como outro tipo de información sobre distintos eventos.

Os que se den de alta neste servizo non poderán ver os datos ou información do resto de personas agregadas xa que as noticias envíanse a través dunha lista de difusión que protexe a identidade individual dos seus membros.

 

 

Ir al contenido