Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello pedirá aos colexos de enxeñeiros aclaracións sobre as súas competencias para visar proxectos

PUBLICACIÓN

O Concello pedirá aos colexos de enxeñeiros aclaracións sobre as súas competencias para visar proxectos

18 Oct, 2022 | NOTICIAS

O Concello quere que os colexos profesionais que representan aos enxeñeiros técnicos e aos enxeñeiros industriais aclaracións acerca de qué proxectos poden visar e cales non. Esta medida chega despois de dúas sentencias contraditorias sobre competencias profesionais para elaborar proxectos de gasolineiras.

Trátase de dúas sentencias do mesmo xulgado e a mesma xuíza que anula a competencia dos enxeñeiros técnicos industriais para asinar proxectos de dúas estacións de servizo en Arteixo. Son as de Carbugal en Meicende e a de Petroprix en Sabón. A sentencia obriga aos propietarios a redactar novos proxectos asinados por enxeñeiros industriais. O caso da gasolineira de Meicende xa se solucionara despois de que, durante o proceso de construcción, o terreo cambiara de empresa propietaria e o novo propietario solicitase un proxecto a un enxeñeiro industrial polo que a sentencia que obriga á demolición non ten, neste caso, ningunha consecuencia.

As demandas foron presentadas polo Colexo Oficial de Enxeñeiros Industriais e a Asociación Provincial de Estacións de Servizo de A Coruña, un lobby empresarial que agrupa a unha parte das gasolineiras en funcionamento.

O Concello e a Xunta de Galicia tramitaran as licencias apoiándose na Lei 1/2010, unha normativa que modificou diversas leis de Galicia para as adaptar a unha directiva da UE. No seu artículo 10, esta lei especifica que “o visado dos colexos profesionais garante o cumplimento das normas sobre especificacións técnicas, así como a observancia do resto da normativa aplicable ao traballo de que se trate”; é dicir que xa que os dous proxectos que invalida o xulgado están visados por Coeticor (Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais), e detrás das denuncias e da base xurídica que conculca a validez dos proxectos está o Colexo Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, o Concello solicita ás asociacións profesionais que aclarenn qué competencias ten cada unha á hora de visar os proxectos co obxectivo de regularizar a validez legal do visado dos proxectos.

 

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido