O Concello de Arteixo ten programada unha xornada de presentación da Consulta Preliminar ao Mercado (CPM). Esta consulta, enmarcada no proxecto de Compra Pública de Innovación ArteixIA, que será presentado á convocatoria da liña FID (Fomento de Innovación desde a demanda) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
O evento, que terá lugar de maneira presencial no Salón de Actos do Centro Tecnolóxico de Arteixo (CTA), representa unha oportunidade única para desenvolver e explorar solucións innovadoras que poderían ser licitadas en 2026.
Detalles da xornada:
· Título: Xornada de presentación da CPM do proxecto ArteixIA.
· Data: mércores, 23 de abril de 2025
· Hora: 12:00 a 14:00 horas
· Axenda:
– 12:00 – 12:10 h: Benvida e presentación da xornada
– 12:10 – 12:30 h: Introdución á Compra Pública de Innovación
– 12:30 – 13:10 h: Presentación do reto
– 13:10 – 13:30 h: Como participar na Consulta Preliminar ao Mercado
– 13:30 – 14:00 h: Rogos e preguntas
· Formato: Presencial e en liña.
Durante a sesión, presentaranse os retos estratéxicos en turismo, mobilidade e desenvolvemento intelixente, co fin de explorar solucións tecnolóxicas avanzadas e prácticas innovadoras.
A inscrición á xornada pódese realizar a través da web do Concello de Arteixo, na que se poderá atopar máis información.
A asignación de prazas para a modalidade presencial realizarase por orde de inscrición e ata completar o aforo dispoñible.
A Consulta Preliminar ao Mercado (CPM) abre a porta a que os diferentes actores do ecosistema de innovación colaboren na definición de retos públicos que poderían converterse en licitacións reais nos próximos anos. Esta iniciativa non só promove a transformación dixital, senón que fomenta un modelo de contratación pública máis áxil, colaborativo e orientado a resultados.