Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello levará a pleno, antes de fin de ano, a regularización dos núcleos costeiros do municipio

PUBLICACIÓN

O Concello levará a pleno, antes de fin de ano, a regularización dos núcleos costeiros do municipio

23 Sep, 2021 | NOTICIAS, NOTICIAS ALCALDÍA

O Concello ven de finalizar o trámite de notificación a preto de 400 propietarios do proxecto para a regularización dos núcleos costeiros de Arteixo. Finalizado este trámite e antes de que finalice o ano, será aprobado en pleno.

O Concello xa recibira permiso da Xunta de Galicia para a modificación puntual urbanística necesaria para esta regularización dos núcleos costeiros históricos, actualmente fóra de ordenación. Trátase dos núcleos de Campelo-O Porto (Sorrizo), A Sartaña (Chamín), A Ponte (Chamín), O Campo (Barrañán) e O Portiño (Suevos)

Arteixo considera que nestes cinco núcleos cúmprese o grado de consolidación. Esto é que dispoñen da meirande parte dos servizos urbanísticos como rede de auga, electricidade, alumbrado público ou recollida de lixo.

A proposta de regularización sinala que cada un destes lugares alberga unha población cercana aos 500 habitantes e que a súa situación actual, fóra de ordenación, «impide unha dinámica de consolidación ou de crecemento». O documento asegura ademáis que «dispoñen da meirande parte dos servizos urbanísticos».

Este documento sométese agora ao trámite de aprobación por parte do pleno cando, anteriormente, xa se remitira aos departamentos de costas ou patrimonio, entre outos, para que realizasen os seus informes sectoriais correspondentes.

A Xunta de Galicia sempre defendiu a singularidade de Galicia para facer compatible os núcleos tradicionais da costa coa protección do litoral. O traballo conxunto realizado no seu dúa entre o goberno galego e o goberno central propiciou unha nova Lei de Costas que recolle este trámite que resolve unha demanda histórica e propicia a regularización, no seu caso, de núcleos costeiros.

 

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido