Tras o operativo antidroga realizado onte pola Garda Civil nun inmoble de Meicende, o concello de Arteixo aproveitou o rexistro e desaloxo realizado polas forzas de seguridade do Estado para enviar ao inmoble a técnicos do servizo de urbanismo, técnicos de Servizos Sociais e axentes da policía local para iniciar os trámites para que legalmente o inmoble non poida volver ser habitado.
A primeira medida foi a realización dun informe de ruína do edificio, primeiro paso para determinar que a totalidade do inmoble atópase en estado de ruína inminente e que as condicións da edificación non satisfán os requisitos necesarios para garantir a seguridade das persoas e a protección do medio ambiente.
Os técnicos municipais tamén detectaron problemas evidentes de salubridade, que reforzan esta declaración de ruína.
O concello ten como obxectivo conseguir de forma legal e inapelable que o edificio non poida ser habitado no futuro e eliminar definitivamente ese punto de venda de droga en Meicende.