O Concello iniciou hoxe, baixo a supervisión dun equipo de arqueólogos, o traslado da Fonte do Abade que pasará se converter no elemento central dunha nova zona verde en Oseiro.
A arqueóloga Purificación Soto é a encargada de supervisar estes traballos que teñen un presuposto de 44.000 euros.
Soto explica que a fonte podería ser construida a finais do século XVIII co obxectivo de aprovisionar ás cabaleirías e ás persoas que transitaban polo camiño real, o mesmo que agora ocupa a carretera.
As obras suporán mover esta fonte uns metros para alonxala da carretera. Tamén inclúen a creación dunha nova zona verde nunha parcela que ata uns meses era privada e que pasa ao dominio público merced ao desenvolvemento dunha unidade de actuación prevista no plan urbanístico.