Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello construirá un aparcadoiro entre as rúas Touriñana e María Zambrano de Meicende grazas á cesión dunha parcela por parte dun veciño

PUBLICACIÓN

O Concello construirá un aparcadoiro entre as rúas Touriñana e María Zambrano de Meicende grazas á cesión dunha parcela por parte dun veciño

25 Abr, 2023 | NOTICIAS

O concello de Arteixo acaba de recibir a cesión dunha parcela de 1.300 m² que será destinada para aparcamento a zona urbana de Meicende.

Serán un total de sesenta prazas de aparcamento situadas na intersección das rúas Touriñana e María Zambrano.

Esta cesión vén reforzar a urbanización que o concello acometerá este ano na mesma zona, concretamente nas rúas perpendiculares a esta zona, onde conflúen as rúas Sevilla e Codeseira.

A primeira actuación será a peonalización da rúa Sevilla, onde só poderán acceder os vehículos dos residentes. É unha rúa de só catro metros de ancho onde xa non existía aparcamento debido ás súas dimensións. Agora evitarase o paso de todos os vehículos que non sexan residentes para mellorar a seguridade da rúa. Na mesma obra urbanizarase tamén unha zona onde desemboca a rúa Sevilla como aparcamento. O concello marcará as prazas e ampliará a chaira coa cesión que conseguiu por parte do propietario do solar contiguo á chaira.

A seguinte actuación na zona unha vez estea finalizada esta obra será a urbanización do tramo final da rúa Codeseira. Esta rúa carece de beirarrúa no seu tramo final, polo que o concello ampliará a rúa e construirá un tramo de beirarrúa ata a confluencia co aparcamento citado máis arriba. Esta actuacións mellorarán o tránsito peonil e de vehículos, nunha zona na que faltaba completar a urbanización destas rúas.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido