A empresa Aqualia quere resolver o contencioso interposto polo concello mediante un acordo extraxudicial que arestora estudian os técnicos municipais e que o alcalde xa presentou aos grupos da oposición.
A empresa recoñecería con este acordo o pago ao concello de diversos conceptos por un total de 9,7 millóns de euros co obxecto de resolver as reclamacións pendentes, mentres que o concello devolvería parte do canon que a empresa entregou no seu día, por importe 2.166.666 euro, para obter a concesión . Polo tanto, a empresa entregaría ao concello, un total de 7.500.712 euros.
O acordo, en caso de que o Concello aceptase o mesmo, tería que ser aprobado en pleno. Quedaría fóra do mesmo todo o relacionado co procedemento cocursal nº181/2013 que se tramita no Xulgado do mercantil 2 de A Coruña polo que ambas partes poderán exercer os seus dereitos en dito procedemento como consideren.