Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello establece novas tarifas de cobro pola utilización do suelo público ás compañías que transportan enerxía

PUBLICACIÓN

O Concello establece novas tarifas de cobro pola utilización do suelo público ás compañías que transportan enerxía

21 Sep, 2023 | NOTICIAS, NOTICIAS PLENOS

O concello de Arteixo levará ao próximo pleno municipal a aprobación da ordenanza 27 co obxectivo de introducir cambios no método de cálculo da taxa que se aplica ás empresas que transportan enerxía.

Arteixo cobra unha taxa pola utilización do dominio público ás empresas que a través de canalizacións subterráneas ou liñas aéreas dedícanse a transportar enerxía eléctrica, gas ou hidrocarburos ata os puntos nos que despois as compañías subministradoras reparten esa enerxía entre os seus clientes.

Esta taxa calcúlase principalmente polos metros lineais que ocupan esas canalizacións ou liñas aéreas, e agora introducirase tamén o criterio do número desas canalizacións, cualificándoas como circuítos simples, dobres, triplos ou cuadruples segundo o número de canalizacións que teña cada instalación subterránea ou aérea.

O concello considera que o criterio é así máis xusto e adáptase á xurisprudencia que cos anos foi aparecendo sobre o tema. O concello de Arteixo foi un pioneiro na aplicación desta ordenanza en España tras a súa aprobación inicial no 2014.

O concello recada anualmente por esta ordenanza preto de cen mil euros, e ten outra ordenanza (a número 26) que se ocupa de gravar con outra taxa diferente ás compañías subministradoras de enerxía eléctrica, gas e hidrocarburos. Esta ordenanza obriga a estas compañías de enerxía a pagar o 1,5% do total da facturación que teñan asociada aos puntos de subministración do concello de Arteixo. O municipio recada con esta ordenanza 26 preto de dous millóns de euros anuais. Esta ordenanza tamén foi aprobada no 2014.

Ir al contenido