O alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, mantivo a última hora da tarde de onte unha reunión no centro social de Barrañán cos veciños da parroquia e os
propietarios que terán afeccións pola construción dunha nova senda peatonal de 1,3 kilómetros e que suporá unha inversión de cerca de novecentos mil euros.
O alcalde explicou os presentes o proxecto e as afeccións correspondientes.
A senda peatonal é unha necesidade esencial nunha estrada que pasa ao carón do núcleo de Barrañán, e pola que transitan moitos veciños
a diario. Os veciños reclamaron en varias ocasións a Deputación da Coruña como administración titular da vía (DP-0506) a construción deste itinerario
peatonal, e finalmente o concello chegou a un acordo coa deputación a través dunha moción presentada polo alcalde no último pleno da institución provincial que foi aprobada por unanimidade.
O concello xa ten o proxecto redactado, executará a obra e conquerirá os terrenos, e a Deputación so terá que achegar
os cartos como titular da vía.
Na moción do alcalde de Arteixo que aprobou o último pleno da Deputación, o concello de Arteixo propuxo de modo coordinado coa Deputación a execución de varias sendas e as melloras de seguridade viaria das estradas provinciais en territorio arteixán. A proposta basease na necesidade de mellorar a seguridade nas estradas de titularidade da Deputación da Coruña; moitas delas con plataformas viarias inferiores aos seis metros (o mínimo que se considera necesario para a circulación de vehículos en ámbolos dous sentidos); e moitas por carecer de sendas ou itinerarios peonís seguros (o que supón un risco para a circulación peonil e viaria).
Motivados polo exposto, trasladouse unha proposta para actuar de xeito coordinado entre a Deputación da Coruña e o concello de Arteixo na realización das melloras de seguridade viaria e das actuacións de sendas nas distintas estradas de competencia da Deputación da Coruña en Arteixo.
Así aprobouse con cargo á Deputación da Coruña a execución da :
-Senda peonil en Suevos na DP-0503 con cargo do Plan de sendas 2025 da
Deputación.
Na mesma moción tamén se aprobou con cargo o concello de Arteixo:
-Senda peatonal na DP-0512 – desde Uxes ao Polígono de Morás.
– Senda peatonal na DP-0512 – desde a travesía de Arteixo hasta a avenida de
Finisterre.
-Senda peatonal na DP-0511 – desde Ervedíns hasta Loureda.
Así mesmo, o concello de Arteixo amósase disposto a que a Deputación da
Coruña trasnfira ao concello a titularidade das seguintes estradas provinciais:
-DP-0501 – Acceso ao Santuario de Pastoriza.
-DP-0502 – Avd. de Pastoriza.
-DP-0506- Barrañán.
-DP-0512 – Trav. de Arteixo -Avd. Finisterre.
-DP-0514