Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello de Arteixo abre o prazo para a presentación de solicitudes das seguintes convocatorias de subvencións para actividades deportivas 2023.

/ O Concello de Arteixo abre o prazo para a presentación de solicitudes das seguintes convocatorias de subvencións para actividades deportivas 2023.

  • CONVOCATORIA PARA CONCESION DE SUBVENCIONS PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS MEDIANTE CONCORRENCIA COMPETITIVA PARA O ANO 2023, DIRIXIDA A ENTIDADES DEPORTIVAS

 

Obxecto. Promoción e fomento do deporte, subvencionando actividades realizadas no Concello de Arteixo, coa finalidade de apoiar:

Ás entidades locais sen ánimo de lucro na creación ou mantemento de actividades, fomento do deporte base, deporte para todos, organización de eventos deportivos, así coma na dotación de equipamentos das programacións que desenvolven en materia de deportes.
A promoción dos deportes autóctonos, xa que o Concello de Arteixo considera relevante dentro das súas competencias de promoción do deporte, axudar a aquelas entidades que seguen mantendo o obxectivo de contribuír á divulgación, exhibicióndos deportes autóctonos e tradicionais.
Beneficiarios.Entidades deportivas legalmente constituídas e inscritas no rexistro municipal de asociacións.Non poderán ser obxecto de axuda na presente convocatoria as actividades, talleres ou equipamentos subvencionados ou financiados no mesmo exercicio a través doutras convocatorias, convenios ou plans do Concello de Arteixo
Quedan expresamente excluídas desta convocatoria: As federacións deportivas e Entidades deportivas que non teñan o domicilio social no Concello de Arteixo.
Bases reguladoras.– Bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a actividades deportivas en réxime de concorrencia competitiva ano 2023 publicadas no BOP de 6 de marzo de 2023.
Contías.– As contías destinadas son os importes consignados no orzamento ordinario para o ano 2023, ascendendo a un total de 262.000,00 € con cargo á partida 341.489.03.
Criterios de valoración.– As bases reguladoras conteñen os criterios de concesión da subvención aplicables para a valoración dos proxectos presentados.
Prazo de presentación de solicitude.- O prazo de presentación de solicitudes será de un mes (ata o 8 de maio de 2023), iniciándose a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto de convocatoria no BOP de A Coruña.
Prazo de Xustificación.– O prazo para a presentación da xustificación das subvencións remata o 30 de novembro do 2023 debendo tramitarse segundo se especifica nas bases reguladoras.
  • CONVOCATORIA PARA CONCESION DE BECAS PARA DEPORTISTAS EN REXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA PARA O ANO 2023
Obxecto. Promoción e fomento do deporte, apoiando actividades realizadas no Concello de Arteixo no presente ano
natural por deportistas que practican deportes con carácter individual.
Beneficiarios. Deportistas arteixáns individuais que acreditando unha calidade inicial e unha especial dedicación á actividade deportiva,auguran unha proxección futura para o deporte de alta competición:
Estar empadroado no Concello de Arteixo, cunha antigüidade mínima de dous anos consecutivos, no momento da solicitude.
Que destaquen por resultados en competicións oficiais de ámbito autonómico, nacional ou internacional nas dúas tempadas anteriores á actual, excepto, competicións máster ou similar.
Que estean en posesión da licenza de federado expedida ou tramitada pola correspondente federación deportiva (non se valorarán as licenzas máster ou similar).
Teñan entre os 12-30 anos cumpridos ou a cumprir no ano da convocatoria (ambos incluídos).
Competir, no tempada da solicitude, en eventos/probas deportivas de relevancia autonómica, nacional ou internacional organizados ou recoñecidos polas respectivas federacións.
Acreditar nivel deportivo na especialidade, na tempada anterior ou na actual, é dicir, ser medallista en campionatos autonómicos da especialidade deportiva e/ou ter recoñecido DAN e/ou DGAN e/ou ser bolseiro/a nalgún dos centros de
alto rendemento autonómico ou nacional.
Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para obter a condición de beneficiario da axuda (artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións).
Quedan expresamente excluídas desta convocatoria:
Todos os deportistas practicantes de modalidades colectivas (fútbol, baloncesto, balonmán, rugby, hockei… ) e de deportes autóctonos.
Deportistas que estean cumprindo sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva, cualificada como grave ou moi grave.
Bases reguladoras.– Bases reguladoras para a concesión de bolsas para deportistas en réxime de concorrencia competitiva ano 2023 publicadas no BOP de 6 de marzo de 2023.
Contías.- As contías destinadas son os importes consignados no orzamento ordinario para o ano 2023, ascendendo a un total de 20.000,00 € con cargo á partida 341.481.00.
Criterios de valoración.- As bases reguladoras conteñen os criterios de concesión da subvención aplicables para a valoración dos proxectos presentados.
Prazo de presentación de solicitude.– O prazo de presentación de solicitudes será de un mes
(ata o 8 de maio de 2023), iniciándose a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto de convocatoria no BOP de A Coruña.
Prazo de Xustificación.– O prazo para a presentación da xustificación das subvencións remata o 30 de novembro do 2023 debendo tramitarse segundo se especifica nas bases reguladoras.
Documentación Deportistas
Documentación entidades deportivas
Ir al contenido