- CONVOCATORIA PARA CONCESION DE SUBVENCIONS PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS MEDIANTE CONCORRENCIA COMPETITIVA PARA O ANO 2023, DIRIXIDA A ENTIDADES DEPORTIVAS
Obxecto. Promoción e fomento do deporte, subvencionando actividades realizadas no Concello de Arteixo, coa finalidade de apoiar:
- CONVOCATORIA PARA CONCESION DE BECAS PARA DEPORTISTAS EN REXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA PARA O ANO 2023
natural por deportistas que practican deportes con carácter individual.
Beneficiarios. Deportistas arteixáns individuais que acreditando unha calidade inicial e unha especial dedicación á actividade deportiva,auguran unha proxección futura para o deporte de alta competición:
Estar empadroado no Concello de Arteixo, cunha antigüidade mínima de dous anos consecutivos, no momento da solicitude.
Que destaquen por resultados en competicións oficiais de ámbito autonómico, nacional ou internacional nas dúas tempadas anteriores á actual, excepto, competicións máster ou similar.
Que estean en posesión da licenza de federado expedida ou tramitada pola correspondente federación deportiva (non se valorarán as licenzas máster ou similar).
Teñan entre os 12-30 anos cumpridos ou a cumprir no ano da convocatoria (ambos incluídos).
Competir, no tempada da solicitude, en eventos/probas deportivas de relevancia autonómica, nacional ou internacional organizados ou recoñecidos polas respectivas federacións.
Acreditar nivel deportivo na especialidade, na tempada anterior ou na actual, é dicir, ser medallista en campionatos autonómicos da especialidade deportiva e/ou ter recoñecido DAN e/ou DGAN e/ou ser bolseiro/a nalgún dos centros de
alto rendemento autonómico ou nacional.
Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para obter a condición de beneficiario da axuda (artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións).
Todos os deportistas practicantes de modalidades colectivas (fútbol, baloncesto, balonmán, rugby, hockei… ) e de deportes autóctonos.
Deportistas que estean cumprindo sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva, cualificada como grave ou moi grave.
Bases reguladoras.– Bases reguladoras para a concesión de bolsas para deportistas en réxime de concorrencia competitiva ano 2023 publicadas no BOP de 6 de marzo de 2023.
Criterios de valoración.- As bases reguladoras conteñen os criterios de concesión da subvención aplicables para a valoración dos proxectos presentados.
Prazo de presentación de solicitude.– O prazo de presentación de solicitudes será de un mes (ata o 8 de maio de 2023), iniciándose a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto de convocatoria no BOP de A Coruña.
Prazo de Xustificación.– O prazo para a presentación da xustificación das subvencións remata o 30 de novembro do 2023 debendo tramitarse segundo se especifica nas bases reguladoras.
