Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello construirá unha nave para albergar varios departamentos municipais

PUBLICACIÓN

O Concello construirá unha nave para albergar varios departamentos municipais

23 Nov, 2021 | NOTICIAS

O Concello reorganiza e reubica varios departamentos municipais co obxectivo de optimizar recursos e mellorar os servizos.

Os traslados afectan ao departamento de obras, o servizo municipal de recollida de residuos, o parque de bombeiros e a base de protección civil. Todos eles repartiranse en dúas parcelas de titularidade municipal actualmente en desuso.

Unha das parcelas,10.000m2  no Polígono de Sabón, servirá para construir unha nave que acollerá os camións e maquinaria do servizo de recollida de residuos e obras. Tamén albergará o novo Punto Limpo municipal.

A segunda parcela,14.000 m2 no Polígono de Morás, albergará o novo parque de bombeiros e a nova base de Protección Civil.

O Concello libera con este movemento a parcela actual de Sabón que vai a se poñer á venda co obxectivo de financiar as novas instalacións. O presuposto municipal de 2022 estima que poderían recaudarse uns 4 millóns de euros pola enajenación desta parcela de 10.000m2.

O Concello xa é propietario de dúas parcelas no Polígono de Morás nas proximidades da subestación eléctrica que abastece o polígono. Unha ten 10.000m2 e a segunda de 14.000m2. Ambas recibíronse en xuño pasado cando a Xunta de Goberno Local aprobou aceptar formalmente a súa cesión por parte da Xunta.

 

 

 

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido