O investimento, cercano aos 120.000 €, inclúese dentro do programa educativo Arteixo Innovación
O concello de Arteixo construirá dentro do colexio Ponte dos Brozos un novo espazo adicado a proxectos de innovación e novas tecnoloxías que poderá ser utilizado polos alumnos e profesores do centro e dos diferentes centros educativos do municipio.
O goberno local e a dirección do colexio xa mantiveron novas reunións para definir un proxecto que estará situado nun dos edificios do colexio e que ocupará cerca de 120 m².
O concello acometerá nese espazo unha obra para adecuar o inmueble a usos que o convirtan nun laboratorio de innovación polivalente. Inés Ramos, concelleira de Educación, sinala que “a idea que tratamos co grupo de docentes e a dirección do colexio pasa por adecuar un espazo no que se poidan instalar un club de ciencias. Un estudo de grabación audiovisual ou unha denominada aula de futuro, que serán ferramentas para que docentes e alumnos profundicen nos ámbitos educativos relacionados coas novas tecnoloxías”.
O investimento do concello neste novo espazo será cercano os 120.000 euros e enmarcarase dentro do programa educativo Arteixo Innovación, que o concello leva a cabo cos centros educativos do municipio desde fai anos.
O goberno local levará o pleno municipal da próxima semana a convocatoria para as subvencións do programa Arteixo Innovación. Son once os centros educativos do concello, que están accedendo así as axudas que se conceden no municipio dentro do proxecto Arteixo Innovación. Os centros educativos poderán desenrolar a través deste programa diferentes proxectos relacionados coas tecnoloxías da información durante o curso escolar.
O programa Arteixo Innovación impulsa proxectos tecnolóxicos nos centros educatiovos do concello, e así os centros poden investir no suministro de material tecnolóxico, servizos de mantemento ou configuración do equipamento tecnolóxico e gastos de licenzas de programas ou apps específicas.