Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello construirá en Pastoriza un centro «Concilia» similar ao de Meicende

PUBLICACIÓN

O Concello construirá en Pastoriza un centro «Concilia» similar ao de Meicende

9 Nov, 2021 | NOTICIAS

Arteixo inicia esta semana os trámites necesarios para comprar unha parcela de 4.000m2 no centro histórico de Pastoriza onde se edificará un centro Concilia similar ao que se ubicará en Meicende. O obxectivo destos centros é fomentar a conciliación familiar poñendo a disposición da veciñanza un lugar de esparexemento para nenos e adultos baixo a supervisión de monitorado especial.

Na mesma parcela o executivo local ten previsto instalar un aparcamento, adxacente á praza do Santuario; así como ampliar as rúas circundantes para construir novas beirarrúas , mellorar a accesibilidae da zona e urbanizar unha nova rúa que conectará a rúa da Igrexa e o Paseo do Santuario ata o de agora comunicadas por un camiño de terra. Esta actuación de urbanización xa foi licitada por 572.000€ mentres que o terreo, según os servizos municipais, está valorado en 352.000 €

O Centro Concilia de Meicende ten un prezo de licitación, concretado na mesa de contratación celebrada hoxe, de 774.000€. Construirase na parcela de 3.100m2 que ocupa a nova praza da Avenida de Butano e ocupará 1.100m2.

O novo edificio terá un uso mixto como centro de día e ludoteca e finánciase con Fondos Feder dentro das diferentes liñas de inversión dos 5 millóns de euros concedidos a Arteixo pola Unión Europea.

O centro de Meicende, cunha superficie de 499m2, disporá de baixo e dúas plantas superiores ademáis dun xardín anexo.

 

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido