Información municipal actualizada sobre as medidas respecto á COVID-19 aplicadas á cidade e á Administración

 

Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

O Concello comezará este ano a construccón do centro social de A Lagoa que tamén albergará a escola unitaria

INICIO > O Concello comezará este ano a construccón do centro social de A Lagoa que tamén albergará a escola unitaria

O novo centro social de A Lagoa dará servizo ás parroquias de Chamín e Sorrizo. O Concello, que comezará este ano as obras para a súa construcción, ubicará nese mesmo edificio a escola unitaria actual.

Os traballos licitáronse por 630.000 € e ao concurso, que finaliza no prazo dun mes,  presentáronse as empresas Cys Hispania, Arias e Islands Times.

O proxecto contempla a demolición da edificación actual, que non cumpría os estándares de calidade necesarios para acoller unha reforma, plantexa un volume máis ao norrte para liberar a zona cercana ao vial, actualmente moi pegado; e a creación dunha praza que servirá como lugar de encontro.

O centro social ten o acceso principal desde a nova praza, cun vestíbulo con aseos, desde o que se accederá á escola unitaria que terá un aula de 60m2, aseos propios e un almacén. A escola tamén contará cun porche orientado aosur e un xardín ademáis dunha zona exterior con xogos.

Tamén accederase desde o vestíbulo ao espazo do centro social. Tamén son 60m2 con zonas de mesas e de ocio. Tamén terá unha terraza exterior con vistar ao val e ao mar.

Debido ao desnivel da parcela, realízase un semisótano diáfano sen pilares, de 160 m² útiles, cunha sala polivalente, que está a cota e ábrese ao vial inferior pola frente norte. Este espazo diáfano permite cualquera tipo de actividada, como clases deportivas ou de ocio, cursos, ou conferencias, bailes. Conéctase interiormente a través de escaleiras coa planta baixa.

A parcela ten unha superficie de 800 m2 e a superficie construida de centro social e escola unitaria será de 220m2 en cada unha das dúas plantas.

 

Ir al contenido