Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello comeza coa expropiación de terreos, as novas sendas peonís de Pastoriza

PUBLICACIÓN

O Concello comeza coa expropiación de terreos, as novas sendas peonís de Pastoriza

14 Dic, 2021 | NOTICIAS

O Concello finaliza o próximo 20 de decembro o trámite de expropiación necesario para construir catro novas sendas peonís. Tres estarán en Pastoriza, no triángulo que forman as rúas Jacques Cousteau, Félix Rodríguez de la Fuente e Rexedoiro. A cuarta, en Arteixo, estará na rúa Torrente Ballester que comunica o núcleo de Arteixo coa Catuxa.

A nova actuación, que xa conta con proxecto constructivo e será costeada con parte dunha partida de 500.000€, suporá a creación de novos itinerarios entre Barrionovo e A Choupana e suporá que os veciños podan camiñar por unha senda desde o centro social, a escola infantil e o parque, ata as proximidades do campo de fútbol.

O alcalde, Carlos Calvelo, indica que o obxectivo é “unir todas as zonas de Pastoriza” mediante “itinerarios peatonís” seguros. Actualmente as carreteras nas que se realizará esta actuación son estreitas e carecen de beirarrúas. A obra tamén servirá para ampliar los viais, que alcanzarán así os 10 metros de ancho

En Arteixo esta actuación afecta á rúa Torrente Ballester. Dotarase de beirarrúa na súa totalidade e ampliarase a calzada. Trátase de facilitar o tránsito peonil e de vehículos nun vial que non ten actualmente paso para peóns e escaso espazo para o tráfico rodado.

Estes traballos, presupostados en 88.696€, inclúen a implantación dunha beirarrúa peonil continua na marxe esquerda da rúa Torrente Ballester, de 80 metros de lonxitude, que dará continuidade aos tramos de acera existentes. A ampliación da plataforma da calzada también realizarase nun tramo de case 190 metros para mellorar a seguridade, con dous carrís de 3,50 metros e unha zona de aparcamento delimitada paralela ás aceras, tanto existentes como á nueva. Os traballos tamén inclúen a instalación de iluminación led.

 

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido