O Concello comezou hoxe os traballos de construcción dunha nova praza na entrada da Urbanización Sol y Mar.
O proxecto, que costará 180.000€, pretende xerar un espazo público amable que sirva como punto de encontro e estancia para a veciñanza mellorando o mobiliario urbano, sendeiros peonís e arborado.
Os traballos servirán para realizar un acondicionamento xeral da praza mediante a renovación do arborado, mellora da conexión entre as rúas cercanas e a colocación de máis vexetación. Tamén se sustituirá o pavimento, o mobiliario urbano e a iluminación para, como di a memoria do proxecto, «permitir o desenvolvemento de actividades propias dunha praza nun ambiente urbano consilidade que axude a tecer lazos entre a veciñanza».
Entre a vexetación actual e que se manterá hai unha parte do límite de tullas existente como separación deste espazo frente á estrada de forma que se manteña a seguridade e privacidade da praza.
O proxecto prevé habilitar dous espazos diferenciados. Un ámbito de sombra con árbores e bancos; e outro de usos múltiples con outro tipo de pavimento no que se poderían instalar elementos móbiles como un pequeno escenario e outros para actividades ao aire libre.
Os traballos servirán ademáis para renovar a actual marquesiña do autobús á que se poderá acceder desde a praza sen necesidade de que os usuarios do transporte teán que bordeala.