O Concello recibe o proxecto para a ampliación do vial na Rúa Fonte en Arteixo, unha vía que da acceso a equipamentos como o CEIP e o pavillón de Galán.
Iníciase agora a tramitación necesaria para executar estes traballos que pretenden mellorar o tránsito rodado e peonil da zona.
As obras, que terán un coste de 335.000 euros, contemplan a ampliación do actual vial e a creación de novas prazas de aparcamento que se distinguirám en dúas zonas. A máis próxima ao colexo que tamén servirá para as maniobras dos autobuses escolares e estará sinalizada para evitar estacionamento en determinadas horas e días.
O proxecto inclúe a creación de novas beirarrúas de maiores dimensións para facilitar o tránsito dos peóns.
O Concello tamén acometerá nesta zona a reforma da praza de Galán que contará con novo axardinamento e xogos infantís. O proxecto supón a reforma da rúa adxacente que ampliará as prazas de aparcamento mediante a conversión dun aparcadoiro en liña, nun aparcadoiro en batería o que permitirá maior espazo e máis prazas para os vehículos.