Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello adxudicará antes de fin de ano a estrutura necesaria para potabilizar a auga do encoro de Sabón

PUBLICACIÓN

O Concello adxudicará antes de fin de ano a estrutura necesaria para potabilizar a auga do encoro de Sabón

8 Oct, 2021 | NOTICIAS, NOTICIAS ALCALDÍA

A  nova potabilizadora e o novo depósito que permitirán potabilizar a auga do embalse de Sabón entran na súa fase final.

O concurso público, repartido en dous lotes, adica 1,9 millóns de euros á infraestrutura da nova potabilizadora; e 409.000 € ao novo depósito de auga.

O obxectivo do goberno local é que a auga do Rexidoiro, que agora non é apta para consumo humano, sexa potable e asegurar, deste xeito, as necesidades futuras de abastecemento de todo o municipio.A inversión na potabilizadora ten como eixes principais a eliminación das algas presentes e a filtración de todo tipo de impurezas para o que se ensaiará un novo sistema de ultrasons, pioneiro en España. Trátase de colocar en medio do embalse uns aparatos flotantes que, a través de ultrasons, eliminan as algas en orixe.

Paralelamente a este proxecto, durante os últimos anos, traballouse na eliminación de verquidos incontrolados.

O proxecto supón tamén a construcción dun novo depósito de auga no recinto da potabilizadora, ademáis da instalación da maquinaria necesaria para asegurar o proceso de depuración da auga. As obras, unha vez adxudicadas, durarán aproximadamente un ano.

Con esta inversión, tanto a poboación do municipio como as novas infraestruturas como o Porto Exterior ou o Polígono de Morás, terán garantidos os consumor durante décadas.

 

 

 

 

 

 

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido