Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello adxudica por 611.000 € as obras de urbanización do entorno da residencia de maiores

PUBLICACIÓN

O Concello adxudica por 611.000 € as obras de urbanización do entorno da residencia de maiores

7 Oct, 2021 | NOTICIAS, NOTICIAS ALCALDÍA

As empresas Cernadas y Moelvi serán as encargadas de levar a cabo as obras de urbanización da Unidade de Actuación 49 despois de que o concello adxudicase, en concurso público, os traballos por un importe global de 611.000 €

As obras, que afectará á zona situada nas inmediacións da residencia de maiores, o centro de día e a escola infantil contruidos pola Fundación Amancio Ortega, comezarán este ano e teñen un prazo de execución de seis meses.

A inversión recuperarase coas cotas de urbanización que se cobrarán aos propietarios dos espazos privados da unidade de actuación

As empresas encargaranse, antes de que finalice 2021, da urbanización das rúas e área verde anexas. Con este proxecto complétase a urbanización das rúas Río Tambre e Camiño dos Cabalos con beirarrúas, prazas de aparcamento e canalizacións de auga e pluviais. Tamén inclúese a creación dunha nova área verde que conectará estas calles co paseo fluvial a través dunha senda peonil. Os traballos afectan a 15.000m2 que súmanse aos espazos públicos que rodean esa zona.

O Concello xa tomara posesión doutro espazo público na unidade de actuación 49 de preto de 8.000m2 destinado a equipamentos públicos nesa mesma zona e que foi destinado ao edificio construido pola Fundación Amancio Ortega. Esta consecución de terreos públicos tamén obtivera anteriormente o pertinente informe de avaliación ambiental realizado polos técnicos da Xunta para a zona e que concluía que “a nova ordenación proposta produce efectos ambientais positivos, dado que integra o espazo natural do entorno e amplía o espazo destinado a áreas libres do parque público, ademais mellora a oferta de equipamentos públicos do concello”.

 

Ir al contenido