Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello adica 123.000 € para cubrir a pista multideporte de O Seixedo

/ O Concello adica 123.000 € para cubrir a pista multideporte de O Seixedo

O Concello vén de sacar a licitación, por 123.000 €, a cubrición de unha das tres pistas multideporte da área recreativa de O Seixedo. Este proxecto suporá o inicio dun plan máis ambicioso e que suporá a cubrición de todas as pistas multideporte desta área mediante a instalación dunha cuberta de tipoloxía de madeira.

Arteixo pretende con esta iniciativa reforzar os equipamentos que iniciara hai dez anos coa construcción de pistas multideporte e de libre acceso na meirande parte das parroquias do municipio. No pasado verán procediuse á reparación e acondicionamento xa que, a meirande parte das pistas presentan problemas de vandalismo, sobre todo graffitis. Os técnicos municipais rexistraron pintadas de toda índole nas pistas multideporte do campo da festa en Arteixo,Rañobre, Meicende, Sobrado e Seixedo.

Tamén leváronse a cabo outro tipo de reparacións nestas pistas e nas de A Cachada, Sorrizo, as pistas cercanas ao centrode saúde en Arteixo e Uxes que consistiron na instalación de novos xogos de porterías, marcaxe das liñas de fútbol sala e baloncesto; e reparación e limpeza dos peches perimetrais de madeira. 

O obxectivo é seguir fomentando a práctica deportiva informal

 

 

 

Ir al contenido